Déixovos hoxe con todas e con todos o segundo capítulo do noso podcast: Z-Millennials.
Neste episodio falamos sobre o bo uso das Redes Sociais. Contamos coa colaboración de Óscar e Uxía alumnxs de 3ºESO e coa axuda técnica de Lucía alumna do mesmo curso.
Hoxe presentámosvos a curtametraxe realizada polo alumnado de Código Diverse en conmemoración do Día da Muller do curso 2020-2021.
Durante o inicio do segundo trimestre desenvolvimos o guión das entrevistas, despois gravámolas con diferentes mulleres traballadoras do Concello de Pazos de Borbén e, por último, editamos o numeroso material gravado.
Espero que o disfrutedes tanto coma nós facelo. Feliz Día da Muller!
Hoxe compartimos con vós o primeiro capítulo do novo podcast do CPI Curros Enríquez chamado:
Z-Millennials
No programa de hoxe falaremos da boa e da mala cultura a través de: películas, libros, música e series de TV. Para facelo contamos coa inestimable aportación de dúas alumnas da 4º ESO que xa son oficialmente as primeiras convidadas de Z-Millennials.
Comentade no vídeo os vosos gustos respecto a películas, libros... e con aquilo que estades dacordo ou non.
Xa que é o noso primeiro capítulo, os problemas técnicos ían aparecer, así nos últimos oito minutos houbo un desaxuste no audio. Non volverá a pasar... o seguinte capítulo será impoluto.
Nestas últimas semanas CódigoDiverse -o grupo de apoio LGTBIQ+ e Igualdade de xénero do CPI Curros Enríquez- estivo traballando na Biblioteca do centro coa meta de crear un espazo de Igualdade nunha das estanterías.
A continuación, algunha das fotografías nas que as alumnas de Código Diverse decoran a estantería coa bandeira do colectivo trans* e catalogan libros relacionados coa Igualdade de xénero e o colectivo LGBTIQ+.
Premendo aquí poderedes ver a Guía de estudos superiores 2020-2021 que editou La Voz de Galicia.
Será útil para comprobar as diferentes modalidades de Bacharelato, as materias que as compoñen, todo o relativo a ABAU, analizar as diferentes carreiras universitarias... E por outro lado, tamén atoparedes moita información sobre os diferentes ciclos da Formación Profesional e as súas saídas laborais.
Premendo aquí iredes ao Programa Orienta do curso 2020-2021 onde poderedes vos informar sobre o Bacharelato, ciclos da Formación Profesional, carreiras universitarias... onde estudar, saídas profesionais asociadas aos estudos... Tamén poderedes facer cuestionarios de intereses profesionais para coñecer cales serían os mellores itinerarios a seguir tendo en conta as vosas características persoais...
Ademais do vídeo reivindicativo elaborado polo alumnado e o profesorado do CPI Curros Enríquez que podedes ver aquí, o alumnado de 3º e 4º da ESO colaborou na campaña "Os amores non matan" organizada polo Concello de Pazos de Borbén e o gabinete Amaturi.