venres, 26 de febreiro de 2021

Z-Millennials: Boa e mala cultura.

Hoxe compartimos con vós o primeiro capítulo do novo podcast do CPI Curros Enríquez chamado: 

Z-Millennials

No programa de hoxe falaremos da boa e da mala cultura a través de: películas, libros, música e series de TV. Para facelo contamos coa inestimable aportación de dúas alumnas da 4º ESO que xa son oficialmente as primeiras convidadas de Z-Millennials. 

Comentade no vídeo os vosos gustos respecto a películas, libros... e con aquilo que estades dacordo ou non. 

Xa que é o noso primeiro capítulo, os problemas técnicos ían aparecer, así nos últimos oito minutos houbo un desaxuste no audio. Non volverá a pasar... o seguinte capítulo será impoluto. 




mércores, 10 de febreiro de 2021

Código Diverse

Nestas últimas semanas Código Diverse -o grupo de apoio LGTBIQ+ e Igualdade de xénero do CPI Curros Enríquez- estivo traballando na Biblioteca do centro coa meta de crear un espazo de Igualdade nunha das estanterías. 

A continuación, algunha das fotografías nas que as alumnas de CódigDiverse decoran a estantería coa bandeira do colectivo trans* e catalogan libros relacionados coa Igualdade de xénero e o colectivo LGBTIQ+. 









O grupo Código Diverse