luns, 17 de febreiro de 2020

Espazo de Orientación Académica

Creouse un Espazo de Orientación no corredor do centro para ofrecer información sobre Formación Profesional, o acceso á Universidade e o Bacharelato, xa que dende o 1 ao 20 de marzo abrirase o prazo de reserva de matrícula nos IES que impartan Bacharelato. 




Ademais, co gallo de realizar unha Orientación Vocacional que chegue a todxs, están programadas as seguintes actividades:


  • Charla coas familias de 3º e 4º ESO o 17 de febreiro ás 17:30 
  • Visita ao IES Mendiño e IES Pedro Floriani o  4 de marzo
  • Xornada de Orientación co alumnado de 3º e 4º ESO o 1 de Abril (CANCELADA)
  • Visita ao IES Audiovisual de Vigo o 30 de Abril (CANCELADA)

luns, 10 de febreiro de 2020

Violencia machista

Levamos 41 días deste ano 2020 e xa foron asesinadas por violencia machista 10 mulleres.
Desde Código Diverse (o noso Equipo de Igualdade e Diversidade afectivo-sexual) pensamos que era necesario poñer o foco neste dato tan horrible. Así, o alumnado do grupo elaborou unha pequena campaña visual que colocamos nas escaleiras do noso centro.








luns, 3 de febreiro de 2020

Probas de acceso a ciclos da Formación Profesional

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anunciou a convocatoria anual das probas de acceso a ciclos de grao medio e grao superior para este curso 2019-2020.

Aquí tendes o calendario coas datas máis importantes:






































Premendo neste enlace tedes toda a información dos ciclos da FP clasificados por familia profesional.
Recordade: co título da ESO pódese acceder aos ciclos formativos de Grao Medio e co título de BAC pódese acceder aos ciclos formativos de Grao Superior.


venres, 31 de xaneiro de 2020

A nosa Cortiza pola Igualdade

O alumnado de Código Diverse (Equipo de Igualdade) decorou con sprays estas últimas semanas unha das cortizas do noso centro co gallo de dar visibilidade a diversas realidades.

A continuación as fotos que relatan o proceso de creación.





















Protocolo Dislexia

Compartimos con vos o Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas de aprendizaxe presentado polo Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o pasado día 29 de xaneiro.

Protocolo Dislexia

mércores, 11 de decembro de 2019

Programa Orienta

Hoxe compartimos o Programa Orienta para este curso 2019-2020 do CPI Curros Enríquez.

Traballarase con el nas sesións de orientación vocacional do 2º trimestre co alumnado de 3º e 4º da ESO.

Premede en: Programa Orienta




luns, 2 de decembro de 2019

Charla sobre as violencias e agresións sexuais

O 28 de Novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiron a unha charla sobre violencia e agresións sexuais organizadas polo Concello de Pazos de Borbén e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.


















A oradora, que interactuou co alumnado con preguntas, introduciu as bases culturais e sociais das violencias sexuais: 

  • A sexualización da muller no cine, banda deseñada, videoxogos... 
  • A perpetuación dunha masculinidade ancorada no pasado (homes duros, que non choran, que non comparten sentimentos...)
  • O papel definido e prexuicioso das mulleres e dos homes na sociedade: xoguetes divididos por sexo, deportes masculinizados, traballos de mulleres e traballos de homes... 
Analizou tamén as características básicas das agresións sexuais. 
E sobre todo, expuxo e abriu a porta ao alumnado para falar das accións machistas que se poden observar nun día a día dun centro educativo. 


Nos últimos datos ofrecidos dende o Ministerio de Interior indícase un repunte das violencias de xénero en adolescentes. 
Charlas de este tipo son absolutamente medulares para acabar co machismo... pero non nos pode facer esquecer que o camiño para eliminar o machismo da sociedade É A COEDUCACIÓN.