Ademais de continuar coa vosa rutina diaria, facendo as tarefas escolares que vos envía o profesorado, tamén é unha boa idea fomentar a vosa vea máis artística. Así, déixovos este Reto artístico.
Estas son as miñas creacións para as tres categorías:
1ª Categoría: Microrrelato (Máximo 10 liñas)
"Ti notácheslle algo raro aparte dese vicio de tanto ler?
Vicio? Valentía! Seica coñeciches a alguén que viñese sen munición? O campo de batalla non perdoa, ninguén resistiu sen fusil e o seu está soterrado aquí, nas trincheiras. Fíxate nel, plantado aí como se o lume cruzado non puidese alcanzalo, so cos seus libros. É inútil pensar que sobrevivirá, esta guerra non se gaña con letras. Nin esta, nin ningunha. Pero imaxinemos que me equivoco, que a súa ousadía cegue ao bando inimigo, que a palabra inimigo perda o seu significado, que as balas deixen de cortar o ceo... Imaxina que a súa voz é máis alta que o ruído das bombas... Que borra a guerra da evolución do home! Imaxina os nosos sorrisos reflectidos no principio dun bo libro! Imaxina que as fronteiras...!
Non soñes máis, xa o mataron."
2ª Categoría: Fotografía
3ª Categoría: Debuxo
ENVIADE AS VOSAS CREACIÓNS ARTÍSTICAS AO SEGUINTE CORREO:
pazosorientacion@gmail.com
Moi boa idea compi! Penso participar.
ResponderEliminarUnha aperta.
Xenial Miguel!! Participaremos
ResponderEliminarHola , por aquí temos fotos e relatos para enviarte, pero non sei como!!!
ResponderEliminarOla,
Eliminarse lles fas fotos podes enviarmas a: pazosorientacion@gmail.com
Ou senón á volta! Unha aperta!