Publicouse a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.
Tendo en conta o anterior restablécense os PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA nos centros públicos da Comunidade de Galiza.
A continuación, unha listaxe de datas importantes:
-Do 11 ao 18 de Maio: prazo ordinario de solicitude de admisión (mesmas ensinanzas noutro centro educativo ou ensinanzas superiores, por exemplo: Bacharelato)
-Do 1 ao 10 de Xullo: formalización da matrícula (Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato)
-Admisión e matrícula FP: aínda non saíron as datas. Serán nos días posteriores á entrega de notas da 3ª avaliación.
Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto a través de: pazosorientacion@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario