Tamén vos deixo un Diccionario de Profesións: preme aquí
Blogue de Orientación no que se compartirán recursos educativos e diferentes experiencias realizadas co alumnado.
martes, 26 de maio de 2020
domingo, 17 de maio de 2020
Día internacional contra a homofobia
Hoxe é 17 de Maio, ademais de ser un día importantisimo para a nosa Comunidade Autónoma, onde celebramos ao autor Ricardo Carvalho Calero, tamén é o Día Internacional Contra a Homofobia.
Con ese senso, a Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia elaborou este vídeo (coa achega da compositora Ester Casanova) adicado ao alumnado LGTBIQ+ nesta época de confinamento.
Aquí volo deixo:
Con ese senso, a Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia elaborou este vídeo (coa achega da compositora Ester Casanova) adicado ao alumnado LGTBIQ+ nesta época de confinamento.
Aquí volo deixo:
luns, 11 de maio de 2020
Novas datas de admisión e matrícula.
Publicouse a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.
Tendo en conta o anterior restablécense os PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA nos centros públicos da Comunidade de Galiza.
A continuación, unha listaxe de datas importantes:
-Do 11 ao 18 de Maio: prazo ordinario de solicitude de admisión (mesmas ensinanzas noutro centro educativo ou ensinanzas superiores, por exemplo: Bacharelato)
-Do 1 ao 10 de Xullo: formalización da matrícula (Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato)
-Admisión e matrícula FP: aínda non saíron as datas. Serán nos días posteriores á entrega de notas da 3ª avaliación.
Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto a través de: pazosorientacion@gmail.com

venres, 24 de abril de 2020
Que lle dirías ao teu EU do pasado?
Imaxinade que estades en Xaneiro de 2020 e recibides unha visita do futuro: A TI MESMA/O!
No futuro xa pasaches o confinamento... que lle dirías ao teu EU do pasado? Que consellos lle darías?
Escribe os consellos (ou grábaos en vídeo como fixen eu xD) e envíamos ao correo de sempre:
pazosorientacion@gmail.com
Os máis graciosos e orixinais compartireinos no blogue!

martes, 21 de abril de 2020
Orientación no 3º trimestre
Aquí vos deixo un video explicativo sobre o funcionamento do Departamento de Orientación neste 3º trimestre:
PODEDES SOLICITAR CITA NO CORREO:
pazosorientacion@gmail.com
luns, 6 de abril de 2020
I Carreira pola Muller 2020
Neste Día 24 de Confinamento traívos un bo recordo do segundo trimestre: O Día da Muller do 8 de marzo.
Podemos aproveitar tamén esta corentena para recordar aqueles momentos felices que pasamos todas xuntas e xuntos. De tal xeito, aí van algunhas das fotos máis representativas desa
I Carreira pola Muller do CPI Curros Enríquez.
![]() |
| Alumnado secundaria |
![]() |
| Alumnado primaria |
![]() |
| Símbolo feminista feito por todo o alumnado |
![]() |
Alumnas do Códígo Diverse entregando as camisetas |

![]() |
| Os animadores do día |

![]() |
| Lanzamento de aros |
![]() |
| Culler e pelota |
![]() |
| Proba de neumáticos |
![]() |
| Proba de neumáticos |
![]() |
| Pasar os aros |
![]() |
| 4º ESO |
![]() |
| Encrucillado |
![]() |
| 1º ESO |
![]() |
| 2º ESO |
![]() |
| A nosa meta |
luns, 30 de marzo de 2020
Xestión emocional e convivencia.
Enlace ao blogue da mestra Lucía:
Relaxación a través do control na respiración
Enlace ao adestramento en mobilidade:
Para facer todos os días!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)