Hoxe comparto un xogo creado para as diferentes sesións de titoría de Secundaria, e tamén, a súa versión para Primaria.
O xogo está baseado no Party & Co. Ten as seguintes categorías:
- MÍMICA (Tarxetas amarelas)
Elíxese unha tarxeta e unha/un alumna/o a través dos xestos debe intentar que o resto do seu grupo adiviñe a acción ou a palabra.
- PICTIONARY (Tarxetas verdes)
Elíxese unha tarxeta e unha/un alumna/o a través dun debuxo debe intentar que o resto do seu grupo adiviñe a acción ou a palabra.
- TABÚ (Tarxetas azuis)
Elíxese unha tarxeta e unha/un alumna/o debe explicar a palabra seleccionada sen dicir as catro palabras prohibidas (dúas para Primaria) para que o resto do seu grupo as adiviñe.
Tabú Secundaria |
Tabú Primaria |
- PREGUNTA (Tarxetas brancas)
A profesora ou profesor selecciona unha Tarxeta Pregunta e lea en voz alta. Cada grupo debe acordar unha resposta e escribila nunha folla.
Pregunta Secundaria |
Pregunta Primaria |
INSTRUCCIÓNS
- Establécense dous grupos. (Se hai moito alumnado pódense facer máis grupos).
- Un grupo ao azar elixe a primeira Tarxeta.
- Elíxese unha/un representante de cada grupo para realizar a proba. As Tarxetas de Mímica e Pictionary realízanas todos os grupos á vez. Dáselles 1 minuto de tempo. Quen adiviñe antes gaña 1 PUNTO.
- No caso das Tarxetas Tabú a/o representante debe intentar facer todas as Tarxetas Tabú posibles en 1 minuto. Primeiro vai un grupo, despois o outro. O grupo que adiviñe máis tarxetas gaña 1 PUNTO.
- No caso das Tarxetas Pregunta, a profesora ou profesor le a cuestión en voz alta e cada grupo escribe a resposta por escrito. Gaña 1 PUNTO quen acerte a pregunta.
- Na seguinte quenda elixe Tarxeta o grupo que gañara o punto. Debe ser unha Tarxeta diferente á anterior. En 6 quendas téñense que ter xogado todas as categorías, e así sucesivamente.
- Gaña o grupo que chegue a 20 PUNTOS.
Con este xogo pódense afianzar todos os contidos desexables relacionados coas Habilidades Sociais (tarxetas coas palabras: empatía, autoestima, emocións...), Igualdade (tarxetas coas palabras: feminismo, machismo, violencia de xénero...), Diversidade afectivo-sexual (LGTBIQ+, homofobia, transfobia...)... ao igual que se poden fortalecer contidos curriculares de diversas materias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario