Hoxe traballamos, co alumnado de 6º EP, as Técnicas de estudo. Unha moi concreta: O Mapa Mental.
Alumna de 6ºEP |
Alumno de 6º EP |
Ao principio da sesión falamos dos Hábitos e as Técnicas de Estudo. Definímolas e enumeramos as súas peculiaridades.
Son áreas conceptuais coas que o alumnado non lle gusta traballar na aula. Por ese motivo, nesta sesión, non se trataron as máis clásicas (subliñado, esquema, resumo...), senón que unha na que se traballa dende a vía visual e cinestética. Unha Técnica moi adecuada tamén para alumnado con TDAH.
PASOS
- Primeiramente, ensineilles un texto e un mapa mental xa realizado, para que observasen o resultado final e soubesen que era o que tiñan que facer: trasladar a información do texto a debuxos.
- En segundo lugar, deilles un texto a cada grupo (3 grupos de 4 integrantes). Cada alumna/o tiña un texto (un sobre a Muralla China, outro sobre o nacemento de Internet e un último sobre as pirámides Maias).
- En terceiro lugar, cada alumna/o leu o texto en voz baixa e coas mans nas costas, así asegurámonos de que non subliñan nin escriben nada mentras len. A LECTURA SEMPRE É O PRIMEIRO PASO DE CALQUERA TÉCNICA DE ESTUDO.
- En cuarto lugar, nunha folla en horizontal escribiron o título de texto no centro do folio. Rodeárono. Dese círculo sairán os debuxos de cada parágrafo. NON conectamos con raias os debuxos ao título (como se fose un esquema), porque o noso cerebro procesa as raias a través da vía lingüística (e con esta técnica queremos usar a vía visual). Polo tanto uniremos os debuxos ao título a través de espirais. Unha de cada cor.
O resultado final |
- En quinto lugar, cada grupo (ao final os integrantes de cada grupo teñen que ter elaborado o MESMO Mapa Mental) subliñaron as palabras técnicas do texto ou as máis difíciles.
- En sexto lugar, cada grupo tivo que decidir cales eran as ideas máis importantes de cada parágrafo. Esas ideas trasladáronas a diversos debuxos. Algunhas palabras técnicas pódense escribir nos debuxos, xa que son difíciles de memorizar (por exemplo: o nome dos emperadores que mandaron construír a Muralla China).
- En último lugar, unha vez realizado O Mapa Mental, unha/un representante do grupo explicará o texto ao resto da clase. So poderá usar O Mapa Mental, o poder das imaxes fará que sexa capaz de recordar o lido no texto. Cada vez que a/o alumna/o explique unha idea (parágrafo) debe botar unha pelota no chan. De esa forma asociará a idea ao movemento e á hora de recuperar a información non so utilizará a vía visual senón que tamén a vía cinestética.
Agora so falta que cada alumna/o aplique esta técnica de xeito individual!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario