sábado, 28 de novembro de 2020

Programa Orienta 2020-2021

Premendo aquí iredes ao Programa Orienta do curso 2020-2021 onde poderedes vos informar sobre o Bacharelato, ciclos da Formación Profesional, carreiras universitarias... onde estudar, saídas profesionais asociadas aos estudos... Tamén poderedes facer cuestionarios de intereses profesionais para coñecer cales serían os mellores itinerarios a seguir tendo en conta as vosas características persoais... 



mércores, 25 de novembro de 2020

Os amores non matan

Ademais do vídeo reivindicativo elaborado polo alumnado e o profesorado do CPI Curros Enríquez que podedes ver aquí,  o alumnado de 3º e 4º da ESO colaborou na campaña "Os amores non matan" organizada polo Concello de Pazos de Borbén e o gabinete Amaturi. 

Podedes compartilos co #aigualdadesuma 








Vídeo 25N

Arrancamos o Blogue de Orientación, neste curso 2020-2021, como vén sendo habitual o 25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero. 

E comezamos cun vídeo de denuncia realizado polo alumnado e profesorado do CPI Curros Enríquez.




domingo, 17 de maio de 2020

Día internacional contra a homofobia

Hoxe é 17 de Maio, ademais de ser un día importantisimo para a nosa Comunidade Autónoma, onde celebramos ao autor Ricardo Carvalho Calero, tamén é o Día Internacional Contra a Homofobia.

Con ese senso, a Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia elaborou este vídeo (coa achega da compositora Ester Casanova) adicado ao alumnado LGTBIQ+ nesta época de confinamento.

Aquí volo deixo:




luns, 11 de maio de 2020

Novas datas de admisión e matrícula.

Publicouse a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. 

Tendo en conta o anterior restablécense os PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA nos centros públicos da Comunidade de Galiza. 

A continuación, unha listaxe de datas importantes: 


-Do 11 ao 18 de Maio: prazo ordinario de solicitude de admisión (mesmas ensinanzas noutro centro educativo ou ensinanzas superiores, por exemplo: Bacharelato) 

-Do 1 ao 10 de Xullo: formalización da matrícula (Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato) 

-Admisión e matrícula FP: aínda non saíron as datas. Serán nos días posteriores á entrega de notas da 3ª avaliación. 



Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto a través de: pazosorientacion@gmail.com 

venres, 24 de abril de 2020

Que lle dirías ao teu EU do pasado?

Imaxinade que estades en Xaneiro de 2020 e recibides unha visita do futuro: A TI MESMA/O!

No futuro xa pasaches o confinamento... que lle dirías ao teu EU do pasado? Que consellos lle darías?

Escribe os consellos (ou grábaos en vídeo como fixen eu xD) e envíamos ao correo de sempre:
pazosorientacion@gmail.com 


Os máis graciosos e orixinais compartireinos no blogue!





martes, 21 de abril de 2020

Orientación no 3º trimestre

Aquí vos deixo un video explicativo sobre o funcionamento do Departamento de Orientación neste 3º trimestre:

 


PODEDES SOLICITAR CITA NO CORREO: 

pazosorientacion@gmail.com 

luns, 6 de abril de 2020

I Carreira pola Muller 2020

Neste Día 24 de Confinamento traívos un bo recordo do segundo trimestre: O Día da Muller do 8 de marzo.
Podemos aproveitar tamén esta corentena para recordar aqueles momentos felices que pasamos todas xuntas e xuntos. De tal xeito, aí van algunhas das fotos máis representativas desa
I Carreira pola Muller do CPI Curros Enríquez.

Alumnado secundaria


Alumnado primaria

Símbolo feminista feito por todo o alumnado


Alumnas do Códígo Diverse entregando as camisetas


Os animadores do día







Lanzamento de aros
Culler e pelota

Proba de neumáticos
Proba de neumáticos



Pasar os aros

4º ESO
Encrucillado 
1º ESO


2º ESO

A nosa meta



luns, 23 de marzo de 2020

Reto artístico


Ademais de continuar coa vosa rutina diaria, facendo as tarefas escolares que vos envía o  profesorado, tamén é unha boa idea fomentar a vosa vea máis artística. Así, déixovos este Reto artístico.

Estas son as miñas creacións para as tres categorías:

1ª Categoría: Microrrelato (Máximo 10 liñas)

"Ti notácheslle algo raro aparte dese vicio de tanto ler? 
Vicio? Valentía! Seica coñeciches a alguén que viñese sen munición? O campo de batalla non perdoa, ninguén resistiu sen fusil e o seu está soterrado aquí, nas trincheiras. Fíxate nel, plantado aí como se o lume cruzado non puidese alcanzalo, so cos seus libros. É inútil pensar que sobrevivirá, esta guerra non se gaña con letras. Nin esta, nin ningunha. Pero imaxinemos que me equivoco, que a súa ousadía cegue ao bando inimigo, que a palabra inimigo perda o seu significado, que as balas deixen de cortar o ceo... Imaxina que a súa voz é máis alta que o ruído das bombas... Que borra a guerra da evolución do home! Imaxina os nosos sorrisos reflectidos no principio dun bo libro! Imaxina que as fronteiras...! 
Non soñes máis, xa o mataron."

2ª Categoría: Fotografía

























3ª Categoría: Debuxo 

























ENVIADE AS VOSAS CREACIÓNS ARTÍSTICAS AO SEGUINTE CORREO: 

pazosorientacion@gmail.com


xoves, 5 de marzo de 2020

Visita aos IES de Redondela

O 4 de Marzo o grupo de 4º ESO fomos de visita ao IES Mendiño e ao IES Pedro Floriani para coñecer as instalacións dos institutos, a súa oferta educativa (BAC e FP), as actividades xerais que realizan durante o curso, as excursións de fin de curso, algunhas profesoras/es...

Presentación no IES Mendiño con ex-alumnas/os do CPI Curros Enríquez.


Experimento con láseres. 
Visita ao laboratorio de Física e Química do IES Mendiño.

















Visita a Aula de Tecnoloxía do IES Mendiño. 


Presentación no IES Pedro Floriani. 
















Taller do ciclo medio de FP: "Instalacións de Telecomunicacións" no IES Pedro Floriani. 


E merenda no IES Mendiño!! 



Recordade: solicitude de praza para Bacharelato do 1 ao 20 de marzo!!!

O proceso de matrícula para ciclos de FP comeza en xuño!!! 

luns, 17 de febreiro de 2020

Espazo de Orientación Académica

Creouse un Espazo de Orientación no corredor do centro para ofrecer información sobre Formación Profesional, o acceso á Universidade e o Bacharelato, xa que dende o 1 ao 20 de marzo abrirase o prazo de reserva de matrícula nos IES que impartan Bacharelato. 




Ademais, co gallo de realizar unha Orientación Vocacional que chegue a todxs, están programadas as seguintes actividades:


  • Charla coas familias de 3º e 4º ESO o 17 de febreiro ás 17:30 
  • Visita ao IES Mendiño e IES Pedro Floriani o  4 de marzo
  • Xornada de Orientación co alumnado de 3º e 4º ESO o 1 de Abril (CANCELADA)
  • Visita ao IES Audiovisual de Vigo o 30 de Abril (CANCELADA)

luns, 10 de febreiro de 2020

Violencia machista

Levamos 41 días deste ano 2020 e xa foron asesinadas por violencia machista 10 mulleres.
Desde Código Diverse (o noso Equipo de Igualdade e Diversidade afectivo-sexual) pensamos que era necesario poñer o foco neste dato tan horrible. Así, o alumnado do grupo elaborou unha pequena campaña visual que colocamos nas escaleiras do noso centro.








luns, 3 de febreiro de 2020

Probas de acceso a ciclos da Formación Profesional

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anunciou a convocatoria anual das probas de acceso a ciclos de grao medio e grao superior para este curso 2019-2020.

Aquí tendes o calendario coas datas máis importantes:






































Premendo neste enlace tedes toda a información dos ciclos da FP clasificados por familia profesional.
Recordade: co título da ESO pódese acceder aos ciclos formativos de Grao Medio e co título de BAC pódese acceder aos ciclos formativos de Grao Superior.


venres, 31 de xaneiro de 2020

A nosa Cortiza pola Igualdade

O alumnado de Código Diverse (Equipo de Igualdade) decorou con sprays estas últimas semanas unha das cortizas do noso centro co gallo de dar visibilidade a diversas realidades.

A continuación as fotos que relatan o proceso de creación.