Déixovos hoxe con todas e con todos o segundo capítulo do noso podcast: Z-Millennials.
Neste episodio falamos sobre o bo uso das Redes Sociais. Contamos coa colaboración de Óscar e Uxía alumnxs de 3ºESO e coa axuda técnica de Lucía alumna do mesmo curso.
Hoxe presentámosvos a curtametraxe realizada polo alumnado de Código Diverse en conmemoración do Día da Muller do curso 2020-2021.
Durante o inicio do segundo trimestre desenvolvimos o guión das entrevistas, despois gravámolas con diferentes mulleres traballadoras do Concello de Pazos de Borbén e, por último, editamos o numeroso material gravado.
Espero que o disfrutedes tanto coma nós facelo. Feliz Día da Muller!
Hoxe compartimos con vós o primeiro capítulo do novo podcast do CPI Curros Enríquez chamado:
Z-Millennials
No programa de hoxe falaremos da boa e da mala cultura a través de: películas, libros, música e series de TV. Para facelo contamos coa inestimable aportación de dúas alumnas da 4º ESO que xa son oficialmente as primeiras convidadas de Z-Millennials.
Comentade no vídeo os vosos gustos respecto a películas, libros... e con aquilo que estades dacordo ou non.
Xa que é o noso primeiro capítulo, os problemas técnicos ían aparecer, así nos últimos oito minutos houbo un desaxuste no audio. Non volverá a pasar... o seguinte capítulo será impoluto.
Nestas últimas semanas CódigoDiverse -o grupo de apoio LGTBIQ+ e Igualdade de xénero do CPI Curros Enríquez- estivo traballando na Biblioteca do centro coa meta de crear un espazo de Igualdade nunha das estanterías.
A continuación, algunha das fotografías nas que as alumnas de Código Diverse decoran a estantería coa bandeira do colectivo trans* e catalogan libros relacionados coa Igualdade de xénero e o colectivo LGBTIQ+.
Premendo aquí poderedes ver a Guía de estudos superiores 2020-2021 que editou La Voz de Galicia.
Será útil para comprobar as diferentes modalidades de Bacharelato, as materias que as compoñen, todo o relativo a ABAU, analizar as diferentes carreiras universitarias... E por outro lado, tamén atoparedes moita información sobre os diferentes ciclos da Formación Profesional e as súas saídas laborais.
Premendo aquí iredes ao Programa Orienta do curso 2020-2021 onde poderedes vos informar sobre o Bacharelato, ciclos da Formación Profesional, carreiras universitarias... onde estudar, saídas profesionais asociadas aos estudos... Tamén poderedes facer cuestionarios de intereses profesionais para coñecer cales serían os mellores itinerarios a seguir tendo en conta as vosas características persoais...
Ademais do vídeo reivindicativo elaborado polo alumnado e o profesorado do CPI Curros Enríquez que podedes ver aquí, o alumnado de 3º e 4º da ESO colaborou na campaña "Os amores non matan" organizada polo Concello de Pazos de Borbén e o gabinete Amaturi.
Hoxe é 17 de Maio, ademais de ser un día importantisimo para a nosa Comunidade Autónoma, onde celebramos ao autor Ricardo Carvalho Calero, tamén é o Día Internacional Contra a Homofobia.
Con ese senso, a Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia elaborou este vídeo (coa achega da compositora Ester Casanova) adicado ao alumnado LGTBIQ+ nesta época de confinamento.
Neste Día 24 de Confinamento traívos un bo recordo do segundo trimestre: O Día da Muller do 8 de marzo.
Podemos aproveitar tamén esta corentena para recordar aqueles momentos felices que pasamos todas xuntas e xuntos. De tal xeito, aí van algunhas das fotos máis representativas desa
Ademais de continuar coa vosa rutina diaria, facendo as tarefas escolares que vos envía o profesorado, tamén é unha boa idea fomentar a vosa vea máis artística. Así, déixovos este Reto artístico.
Estas son as miñas creacións para as tres categorías:
1ª Categoría: Microrrelato(Máximo 10 liñas)
"Ti notácheslle algo raro aparte dese vicio de tanto ler?
Vicio? Valentía! Seica coñeciches a alguén que viñese sen munición? O campo de batalla non perdoa, ninguén resistiu sen fusil e o seu está soterrado aquí, nas trincheiras. Fíxate nel, plantado aí como se o lume cruzado non puidese alcanzalo, so cos seus libros. É inútil pensar que sobrevivirá, esta guerra non se gaña con letras. Nin esta, nin ningunha. Pero imaxinemos que me equivoco, que a súa ousadía cegue ao bando inimigo, que a palabra inimigo perda o seu significado, que as balas deixen de cortar o ceo... Imaxina que a súa voz é máis alta que o ruído das bombas... Que borra a guerra da evolución do home! Imaxina os nosos sorrisos reflectidos no principio dun bo libro! Imaxina que as fronteiras...!
Non soñes máis, xa o mataron."
2ª Categoría: Fotografía
3ª Categoría: Debuxo
ENVIADE AS VOSAS CREACIÓNS ARTÍSTICAS AO SEGUINTE CORREO:
O 4 de Marzo o grupo de 4º ESO fomos de visita ao IES Mendiño e ao IES Pedro Floriani para coñecer as instalacións dos institutos, a súa oferta educativa (BAC e FP), as actividades xerais que realizan durante o curso, as excursións de fin de curso, algunhas profesoras/es...
Presentación no IES Mendiño con ex-alumnas/os do CPI Curros Enríquez.
Experimento con láseres.
Visita ao laboratorio de Física e Química do IES Mendiño.
Visita a Aula de Tecnoloxía do IES Mendiño.
Presentación no IES Pedro Floriani.
Taller do ciclo medio de FP: "Instalacións de Telecomunicacións" no IES Pedro Floriani.
E merenda no IES Mendiño!!
Recordade: solicitude de praza para Bacharelato do 1 ao 20 de marzo!!!
O proceso de matrícula para ciclos de FP comeza en xuño!!!